RELIXIÓN Semana do 8 ao 16

Ola rapazas e rapaces
Aquí vos deixamos a derradeira tarefa do curso. É a mesma para todos os cursos. Esperamos que vos guste. Despois disto, a descansar!
Este foi un curso atípico, aínda así espero que aprenderades moito del. Foron uns meses especias, nos que tivemos que aprender de diferente maneira, Meses nos que o contacto coa familia foi moi estreito e sen poder estar cos amigos. Meses pechados  na casa e mamá e papá exercendo de profes!!!!!! En momentos seguro que foi duro pero quedádevos con isto: a maioría tivéchedes a sorte de ter aos vosos pais con vós as 24 horas do día, todo un luxo! Tamén é certo que algúns pais e  nais tiveron que traballar , por iso un aplauso para eles. Pero queremos que o aplauso máis grande llo deades aos vosos pais e nais por axudarvos tanto. Grazas mamás, grazas papás por este gran esforzo que fixéchedes, por axudarnos tanto aos profes e facer este camiño máis fácil para todos. E grazas a vós, pequenos polo entusiasmo e o traballo ben feito.
Vémonos o curso que vén que xa poderemos achucharnos. Que pasedes as mellores vacacións do mundo!

https://drive.google.com/file/d/1lpO6PsHng3SpGKWdyMGcLgDbfGTRqkU9/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

5ºA Lingua e Lengua

Cuarto curso