Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

1ºB, Vídeo fin de curso

Ola outra vez familias: Queda aquí o enlace a un novo vídeo no que fago unha proposta que vos pode ser interesante, escoitádeo con atención. Vídeo Deséxovos a todos un moi bo verán, vémonos á volta!!

6º Educación Infantil: FESTA DE GRADUACIÓN

Estades tod@s convidados á festa de graduación "virtual" de 6º de E. Infantil! Superade os retos para obter o código de entrada... e vémonos alí! ;) FELIZ VERÁN PARA TOD@S! 🌞🌊🌈

6º Educación Infantil (1 a 19 de xuño)

Boas familias! Chegamos ao último mes deste curso taaaan raro, e espero que vos atopedes ben. Aquí vos deixo as ideas para a casa para este mes de xuño, en galego e en castelán . Sobre todo disfrutade do bo tempo e do aire libre todo o que se poida. ACTIVIDADES DE MÚSICA: Semana do 1 de xuño Semana do 7 de xuño Semana do 15 de xuño: despedida do curso Unha aperta para tod@s, en especial para @s peques!

1ºB, semana do 16 de xuño

Ola de novo Aquí temos o comunicado da última semana do curso, nel está bastante ben explicado o que queda desta recta final. Comunicado Tal e como se di aí, espero poder ter un novo vídeo gravado para o venres 19 (se o tempo mo permite). Moito ánimo e ata dentro duns días.

3º EP, ÚLTIMA SEMANA

ESTA SEMANA DEIXAMOS NO BLOG UNHA SERIE DE XOGOS INTERACTIVOS PARA QUE DESFRUTEDES REPASANDO OS CONTIDOS DO CURSO . BOAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS.  https://saberfaceraprender.blogspot.com/ AO LONDO DESTA SEMANA TAMÉN COLGAREMOS ALGÚN CADERNO PARA O VERÁN POR SE ALGUÉN QUERE SEGUIR FACENDO PEQUENAS TAREAS NOS MESES DE VACACIÓNS.  SÚPER BICOS E ABRAZOS PARA TODOS E TODAS. AS VOSAS PROFES, ANA E CORAL.

1º A, ÚLTIMA SEMANA, DO 16 AO 19 DE XUÑO

https://drive.google.com/drive/u/1/folders/1QFDqJVtkeG6oP5NzES1lbutJ97ZGngL8 ÁNIMO!! A POLA ÚLTIMA SEMANA. BOAS VACACIÓNS!!

Valores e psicomotricidade EDUCACIÓN INFANTIL

Ola "pequis". Aquí vos deixo as actividades de sempre que podedes consultar cando queirades e engadín carpetas novas  en valores (número 8) e en  psicomotricidade (número 11).  Un bico grandotote. Picade aquí.

1ºB, semena do 8 de xuño

Ola de novo familias! Unha semana máis aquí atoparedes un enlace coas últimas novas e explicando a tarefa desta semana. Comunicado semanal Quedan aquí tamén enlaces a unha actividade de agudeza visual e uns pasatempos relacionados coa escritura (non é para facelos todos de golpe esta semana, son un repaso) Atopa as diferenzas Pasatempos escritura Déixovos ademais o enlaces a unha canción que algunha vez puxen na clase que seguro que a algún dos vosos fillos e fillas faille ilusión escoitala outra vez. Destripando la historia Thor Moito ánimo. Ata a vindeira semana.

1°A, SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Clica AQUÍ

3º DE PRIMARIA, SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Como tódalas semanas, atoparedes as tarefas no blog de nivel: https://saberfaceraprender.blogspot.com/

EDUCACIÓN PLÁSTICA 6º B

Ola! Aquí tedes o enlace para ver a tarefa desta semana.  CUBISMO Non esquezades enviarme o voso traballo ao correo clasesolpor18@gmail.com Unha aperta!

6ºB SEMANA 08 XUÑO

Ola rapaces e rapazas, Déixovos neste enlace os exercicios correxidos da semana pasada: https://drive.google.com/drive/folders/1WezZiTrlDkvhy33v2YeHPiXJ7OjZp9Dd E neste os exercicios para esta semana: https://drive.google.com/drive/folders/1Fu_BwMnrwWUAshKov37GRuKr1jaiivNp Apertas.

RELIXIÓN Semana do 8 ao 16

Ola rapazas e rapaces Aquí vos deixamos a derradeira tarefa do curso. É a mesma para todos os cursos. Esperamos que vos guste. Despois disto, a descansar! Este foi un curso atípico, aínda así espero que aprenderades moito del. Foron uns meses especias, nos que tivemos que aprender de diferente maneira, Meses nos que o contacto coa familia foi moi estreito e sen poder estar cos amigos. Meses pechados  na casa e mamá e papá exercendo de profes!!!!!! En momentos seguro que foi duro pero quedádevos con isto: a maioría tivéchedes a sorte de ter aos vosos pais con vós as 24 horas do día, todo un luxo! Tamén é certo que algúns pais e  nais tiveron que traballar , por iso un aplauso para eles. Pero queremos que o aplauso máis grande llo deades aos vosos pais e nais por axudarvos tanto. Grazas mamás, grazas papás por este gran esforzo que fixéchedes, por axudarnos tanto aos profes e facer este camiño máis fácil para todos. E grazas a vós, pequenos polo entusiasmo e o traballo ben feito. Vémo

6º B ENQUISA BIBLIOTECA

Ola nenas e nenos! Aquí tedes unha enquisa para o departamento de biblioteca. Se é posible cubrídea. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSffGp_R3KnGxyBdl7SLTb-E4KMOCwAPhuwmLZPVUGExwvgFNw/viewform?vc=0&c=0&w=1 Saúdos.

ACTIVIDADES E RECOMENDACIÓNS 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Boas familias!!! Aquí vos deixo as novas actividades e recomendacións para afrontar o que nos queda deste curso tan raro.   Chegade á última páxina, porque nel tendes un aviso moi importante. Bicos e apertas para tod@s!!!   ACTIVIDADES

ACTIVIDADES PARA CASA VI 4º EDUCACIÓN INFANTIL A-B

Ola familias, aqui vos deixamos novas actividades para facer na casa. Unha aperta moi grande das vosas mestras Manoli e Patricia. https://drive.google.com/open?id=1sVGyfGitoNFLNmXIy8WWtC5QNJPitIn4 Nota : Hai dous enlaces no pdf que é posible que non vos deixe abrir directamente asi que tamén poñemos aqui os enlaces para que poidades acceder sen dificultade. PINTAMOS SOPLANDO PALLIÑAS https://www.youtube.com/watch?v=jm2a5ePYGZg CREAREMOS A NOSA BOTELLA DA CALMA https://www.youtube.com/watch?v=uLhg-IEueTk AVISO IMPORTANTE: RECOLLIDA DE MATERIAL NAS NOSAS AULAS DÍA: MÉRCORES 17 DE XUÑO HORARIO: 9 A 14 H O vindeiro mércores 17 de xuño, en horario de 9 a 14 h, podedes pasar polas aulas para recoller o material dos nenos e nenas, e tamén para devolver o material que sexa do cole (mochila viaxeira).

1ºB, semana do 1 de xuño

Ola de novo familias: Como é costume déixovos aquí o enlace á carpeta de drive onde vos atoparedes co pequeno comunicado que vos escribo semanalmente contando as novas (inclúe un aviso importante) e dúas lecturas para traballar a comprensión lectora que non é preciso que imprimades, pois non teñen preguntas que responder por escrito. Comunicado e lecturas Queda aquí tamén un enlace a unha páxina onde poderedes repasar as sumas con levadas que se pode facer online. Sumas online Como sempre, seguimos en contacto vía mail para calquera dúbida primerobouzabrey@gmail.com Un saúdo.