1ºB, semana do 20 de abril (venres 24)

Ola a todos

Queda no seguinte enlace un novo vídeo, neste caso de repaso de algo que vinos na clase fai un tempo pero que será importante para o que está por vir.

Vídeo estados da auga

Tal e como digo no vídeo, hoxe non tedes traballo para casa. Pais e nais podedes preguntarlle sobre o vídeo, se o entenderon e son capaces de explicalo coas propias palabras. Sei tamén que moitas familias teredes os libros do terceiro trimestre ou dentro de pouco os teredes con vós, xa vos direi como ir traballando con eles.

Non esquezades de pasar polo blog da biblioteca, pois onte foi o día do libro e nel poderedes atopar recomendacións de lectura tanto para pequenos e maiores.

Blog da biblioteca

Un saúdo, vémonos pronto

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Cuarto curso

5ºA Lingua e Lengua